miércoles, 25 de noviembre de 2020

Vémosvos, non vos esquecemos

Non a coñecía pero dende fai un tempo véxoa en todos lados. Véxoa cando camiño pola rúa e, de súpeto, comezo a sentirme insegura. Véxoa cando teño que acelerar o paso mentres premo nas mans ata facerme dano. Véxoa cando algunhas das miñas amigas marchan camiñando soas e espero con ansia pola mensaxe de "todo ben, xa cheguei". Véxoa cando regreso á casa e miro a miña nai pensando en que a dela xamais a verá tornar. Véxoa cando penso no meu futuro sabendo que podería acabarse nun só segundo. Véxoa cando escoito que somos unhas esaxerada, que non sabemos facer nada mellor que protestar. Véxoa cando mira ás cativas, ás novas xeracións, e deséxolles non crecer con este medo, non continuar neste inferno. Véxoa en cada unha das mulleres que me rodean, pois todas tememos que as seguintes sexamos nós.