jueves, 21 de abril de 2022

Despertar

Pensei que se conxelara, que deixara de ser capaz de sentir ese click. Pero por un segundo, todo volveu encaixar e de novo o latir comezouse a facer escoitar.
Pero con ese tic-tac tamén espertan os vellos medos, os 'todo acabará saíndo mal'. Esa alerta constante de que non eres suficiente, de que a ti nunca che vai funcionar. 'É demasiado ideal, algo sairá mal'. Porque iso é o que tras anos e anos de decepción acabaches por asimilar. Os expertos chámanlle indefensión aprendida... Eu coñecíao como o meu día a día. 

Quizais... Quizais esta vez algo cambiará. 'Non o creo, é moi cedo, seguro que se as alarmas soan é porque o perigo comézase a aproximar... Non o deixes entrar, non deixes que me rompa unha vez máis. Demasiadas feridas, demasiados traumas, de que che sirve volvelo a intentar?'

Supoño que a resposta é que ainda confio en ese pequeno raio de esperanza, supoño que quero poder crer que merezo que aínda que só sexa unha vez, alguen me vexa completamente e decida quedarse. Supoño que esa pequena posibilidade é máis forte que o medo a perder(me) de novo.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario